publicidade hoxe

O prazo para presentar candidaturas a alcaldes de barrio remata os días 3 e 4 para as primeiras parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O concello de Lalín comeza nos próximos días o proceso de elección democrática dos alcaldes e alcaldesas de barrio das diferentes aldeas do municipio. As primeiras parroquias que escollerán aos seus representantes serán as de Albarellos, Alemparte, Alperiz, Parada, Anseán e Busto, que o farán os entre os días 10, 11 e 12 deste mes. Neste senso, o concello quere recordar que o prazo de presentación de candidaturas para as dúas primeiras (Albarellos e Alemparte), remata o mércores, día 3 mentres que para Parada, Anseán e Busto, o rexistro de candidatos finaliza o xoves  4.

Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura á elección deberán cumprir cos requisitos recollidos no Regulamento e presentar no rexistro municipal a documentación necesaria. Será preciso achegar o modelo de solicitude, un documento de identificación, o certificado de empadroamento, ademais dunha declaración xurada de non ter sido condenado ou condenada mediante sentenza firme por cometer algún delito.

O Goberno de Lalín fai un chamamento á participación dos veciños e veciñas neste proceso que servirá par democratizar o rural. O alcalde, Rafael Cuíña, anima especialmente a que sexan as mozas e mozos das parroquias os que dean o paso e se postulen como aspirantes á representantes parroquiais. Preténdese así que entre aire novo na xestión do medio rural, ao tempo que se agarda que esta escolla democrática sirva para dinamizar a actividade nas parroquias e aldeas e, polo tanto, se fixen as condicións para revitalizar o rural e fixar poboación, entre outras cuestións.

1 de febreiro de 2016 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.