publicidade hoxe

O Grove pon en marcha un obradoiro vivencial para mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Dentro das actividades do Centro de Información á muller do Concello do Grove ponse en marcha un obradoiro adicado ao crecemento persoal que busca a saúde emocional das asistentes. Trátase dunhas xornadas denominadas “Obradoiro vivencial nas redes do Coidado e do bo Trato” e que están dirixidas a mulleres de tódalas idades. As sesións, de tres horas de duración, desenvolveranse os martes e xoves dende o 23 de febreiro ata ao 29 de marzo, facendo un total de 30 horas nas que se aplicará unha metodoloxía fundamentalmente dinámica e participativa, partindo das propias experiencias vitais das persoas participantes para facilitar un proceso de aprendizaxe común.

A metodoloxía vivencial aplicada neste obradoiro permite suscitar a reflexión colectiva sobre as experiencias do propio día a día, facilitando unha aprendizaxe transformadora que busca o cambio persoal e a incorporación de actitudes, crenzas, hábitos e conductas favorecedoras da autoestima e do benestar na vida cotiá das persoas participantes. Trátase, polo tanto, dunha proposta que contribúe ao fortalecemento da autoestima e á cohesión grupal das mulleres, cuestións ambas que resultan cruciais para facer fronte ás relacións de poder de xénero e as súas violencias machistas que afectan á saúde das mulleres.

Para inscribirse no obradoiro tan só é preciso remitir un correo electrónico a dinamizacim@gmail.com ou solicitalo no CIM do Concello. 

17 de febreiro de 2016 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.