O Entroido en Palas de Rei desafiou as temperaturas de frío e choiva
Os palenses desafiaron as temperaturas de frío e choiva e participaron no concurso de entroido 2016. Os actos do luns de entroido, correspondentes o entroido infantil, con xogos inchables e chocolatada, tiveron que ser, finalmente, desprazados, a consecuencia das adversas temperaturas ao Pavellón Polideportivo de Palas. Polo que respecta o martes de entroido, as temperaturas non melloraron, e na programación do entroido tivo que suspenderse o desfile das comparsas, polas principais rúas da vila, a consecuencia do intenso vento con auga rexistrado pola tarde. Xa de cara a noitiña, centos de Palenses e de veciños/as dos concellos da zona agardaban expectantes, na baixo a carpa da Praza do Concello, por si o tempo non acabaría por suspender o Concurso de disfraces, así como, os 12 grupos e 4 persoas que competían na categoría individual inscriptas no Concurso de Entroido. Finalmente, ante o cheo completo de xente baixo a carpa da Praza do Concello, conseguíuse facer un espacio, aínda que moito máis reducido do estimado, para que os participantes poíderan facer a súa respectiva parodia. O Concurso, comenzaba e os participantes coas súas representacións e gañas de divertirse facían olvidar o máis pésimo expectador que fora estaba chovendo e facendo frío. Finalmente o xurado do Concurso, integrado por un representante de cada un dos Grupos de máis de 5 integrantes e 2 técnicos do do Concello de Palas de Rei, estableceron que os premiados eran para:
CATEGORÍA INDIVIDUAL
3º Premio: A Meniña Encartonada, 20 Euros
2º Premio: Bolboreta máxica, 30 Euros
1º Premio: A Vida un Camiño de Frores, 50 Euros
CATEGORÍA ATA 5 PERSOAS
3º Premio: A raíña da colmea, 25 Euros
2º Premio: O Entroido Xira, 50 Euros
1º Premio: Barbie e Kem, 85 Euros
GRUPOS
3ºPremio: Playmobil, 70 Euros
2ºPremio: Funerarios alegres, 120 Euros
1ºPremio: Os Romanos de Palas, 210 Euros
Premio Especial a Orixinalidade: Os Romanos de Palas, 110 Euros.