publicidade hoxe

O Entroido de Salvaterra de Miño xa conta con máis de 1.400 participantes e 16 carrozas inscritas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Un total de 16 carrozas con más de 1.400 participantes en comparsas desfilarán o sábado 13 de febreiro, a partir das 18.00 horas, durante o Enterro da Lamprea. As comparsas pertencen, ademáis de a Salvaterra, ós veciños municipios de Salceda, Ponteareas,  As Neves, O Porriño, Tui,  Mondariz e Mos. A inscrición pechouse o pasado martes día 2.

Tódalas persoas que queran participar como ‘Choronas’ na comitiva fúnebre do Enterro da Lamprea, vestidas de rigoroso loito, poden facelo sen inscrición. A tenente de alcalde e concelleira de Culltura, Marta Valcárcel anima ós salvaterrenses e a veciños doutros municipios “a formar parte desta comitiva arredor da defunda Lamprea. Un xeito divertido de participar no noso Entroido”.

A saída do desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2016 é dende a rúa Rosalía e descorre o desfile pola rúa Castelao, Fonte da Vila, Dona Urraca e praza do Concello, o próximo 13 de febreiro ás 18.00h

ENTROIDO INFANTIL

Por outra parte, este venres día 5, a partir das 10.30 horas terá lugar o Desfile Infantil de Entroido, no que participan colexios do municipio.

O desfile partirá da praza do Concello cara ao Parque de A Canuda. En caso de choiva, trasladarase ao pavillón de Leirado.

O sábado 6 de febreiro, Obradoiro Infantil de Disfraces para nenos e nenas a partir dos 6 anos, entre 11.00 e 13.00 horas, terá lugar na casa de Cultura do Concello.

O Obradoiro Infantil de Máscaras, para nenos e nenas a partir dos 6 anos,  vai ser o luns 8 de febreiro tamén de 11.00 a 13.00 horas, na Casa de Cultura do Concello.

Para participar nos obradoiros de Disfraces e Máscaras cómpre inscribirse no Concello (986 658 082).

O martes 9 celebrarase o gran Festival Infantil a partir  das 17.30, na Casa de Cultura do Concello. Haberá chocolate, rosca e Karaoke xunto co Concurso de Disfraces. As bases para este concurso poden atoparse na web do Concello de Salvaterra (www.concellodesalvaterra.org).

3 de febreiro de 2016 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.