publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O conselleiro de Política Social mantivo un encontro de traballo co alcalde de Crecente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecente
A-
A+

A Consellería de Política Social continúa apostando pola súa liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos. Deste xeito, nesta nova etapa dirixida por José Manuel Rey Varela, o conselleiro insiste no diálogo cos entes municipais para optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións en beneficio dos galegos e galegas.

A Xunta de Galicia e os responsables das entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio pontevedrés de Crecente, Julio César García-Luengo Pérez.

Neste sentido os dous mandatarios contemplaron as posibilidades de cooperación futura que xa acadou importantes melloras nos servizos sociais destinados aos cidadáns como a escola infantil de 20 prazas (cunha ratio de prazas públicas do 85%) ou o concerto de 16 prazas na residencia San Pedro, cun investimento de 226.767 euros e de 60 prazas na Residencia para persoas discapacitadas Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey – Esclavas Virgen Dolorosa cun financiamento de 1.233.180 euros.

3 de febreiro de 2016 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.