publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello do Grove remata as obras de adecentamento da fachada do Colexio de Rosalía de Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Logo de que o Concello do Grove tivera que asumir as obras de reforma das fachadas do antigo edificio dos mestres e do propio edificio do Colexio ante a inactividade da Consellería de Educación responsable do inmoble, esta semana rematáronse as obras adicionais. Trátase do pintado e adecementamento das dúas fachadas do Colexio tanto na Rúa Conchases como na propia Rosalía de Castro. Deste xeito o Colexio conta cunha mellora notable no relativo a súa seguridade externa o que permitíu, xa hai varias semanas, a repertura do patio traseiro logo de que este tivera que ser vallado debido aos riscos que de desprendementos da fachada do edificio colindante. 

2 de febreiro de 2016 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.