publicidade hoxe

O Concello do Grove reforma as portas do antigo pavillón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Hoxe luns comezaron os traballos de modificación das portas de acceso ao pavillón municipal. Trátase de tres portas de acceso de dobre folla, que pasarán a contar con apertura anti-pánico e as adecuadas medidas de seguridade. Este cambio resultaba urxente xa que este importante espazo público non cumpría con este requisito de seguridade. Isto supón adecuar estas instalacións ás esixencias actuais, sobre todo tendo en conta o elevado número de usuarios deste pavillón durante todo o ano e especialmente en datas concretas como a de Entroido. 

1 de febreiro de 2016 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.