publicidade hoxe

O Concello de Silleda colaborará coa proba “102 kms. Carballiño – Santiago”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO CarballiñoSantiago de CompostelaSilleda
A-
A+
Reunión en Silleda

Reunión en Silleda

O Alcalde e a concelleira Ana Luisa González Costa, reuníronse está mañá co Presidente do Club de Atletismo do Carballiño, e co Vicepresidente da Asociación de Amigos de Camiño Mozárabe/Vía da Prata, que veñen de organizar a proba “102 kms. Carballiño – Santiago” co fin de concretar a colaboración do concello con este evento.

Esta proba, aínda que non competitiva, ten por finalidade unir o concello do Carballiño coa praza do Obradoiro de Santiago, transcurrindo a meirande parte da marcha polo camiño de Santiago denominado Vía da Prata.

Dende a organización do evento pediuse apoio loxístico ó Concello de Silleda, que colaborará poñendo a disposición dos participantes o pavillón municipal como zona de avituallamento.

“Para nos é un pracer colaborar con estas probas, que unifican carácter deportivo e turístico, fomentando a cultura do deporte e poñendo en valor rutas e paraxes emblemáticas das nosas vilas” – comentaba a concelleira, Ana Luisa González.

Tanto dende o Concello coma dende a organización lémbrase que se pode obter máis información, así como os que estean interesados en participar, poderán inscribirse na páxina web do evento: http://emesports.es/event/102km-carballino-santiago/#

15 de febreiro de 2016 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.