publicidade hoxe

O Auditorio de Ribadumia acollerá o II Festival Benéfico a prol do AME

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá o vindeiro sábado 05 de marzo o II Festival Benéfico a prol do AME (Asociación Contra a Atrofia Muscular Espinal).

O festival, organizado pola Asociación Demos da Petaca de Ribadumia, ten por obxectivo recadar fondos para a investigación do AME, enfermidade que produce unha perda progresiva na forza muscular. Os fondos irán destinados á Asociación GaliciaAME, a primeira asociación que naceu para investigar esta enfermidade.

Ademais, o festival tamén renderá homenaxe ó bombeiro de Meis falecido recentemente. 

O concerto correrá a cargo de “Os Demos da Petaca”, organizador do evento; “Con de Xido”; “Agrupación Músico Cultural de Ribadumia” e “Añoranza”. 

As entradas xa están á venda no Concello de Ribadumia en horario de 08:00 a 15:00 horas ou a través de Galiciame (666251677), os Demos da Petaca (607070846), Autos Juan e a través de Mulleres Rurais As Saíñas.  O custo das mesmas é de 3 € e está destinado a  recadar fondos para a investigación do AME.  

17 de febreiro de 2016 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.