publicidade hoxe

O auditorio de Narón acolle o día 21 a segunda edición do festival Músicas para a Semente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNarón
A-
A+

O auditorio municipal acollerá este domingo, día 21, a segunda edición do festival Músicas para a Semente, para apoiar o proxecto Semente de Trasancos, que impulsa unha formación educativa centrada nunha escola popular, en galego, e na que primen a convivencia e o contacto coa natureza. A Asociación Semente de Trasancos organiza esta convocatoria na que colabora o Concello de Narón a través da Concellería de Cultura, que preside a edil Marián Ferreiro. O programa deseñado para a ocasión pola entidade inclúe as actuacións de Guadi Galego, Roberto Cribeiro, Pitusa Semifusa –con Olga Brañas e Andrea Picos- e as cantareiras do CD que se presentará durante o evento: Músicas para a Semente, un disco repleto de cancións tradicionais. A cita será a partir das 18.00 horas e os asistentes participarán no sorteo dunha lámina con deseños de Gelo Paz.

As entradas teñen un prezo de 10 euros, se ben os nenos e nenas menores de 7 anos asistirán de balde. Poden adquirirse na taquilla do auditorio municipal, na praza de Galicia, o propio día do festival ou no Muíño do Fabal (Narón), na Fundación Artabria (Ferrol) e nos establecementos hostaleiros Futbolín e Varadoiro, (ambos en Pontedeume).

17 de febreiro de 2016 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.