publicidade hoxe

Novo vehículo para o servizo municipal de vixiancia de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+
Presentación do vehículo policial

Presentación do vehículo policial

Os vixiantes municipais do Concello acaban de estrear coche. Trátase dun OPEL MOKKA, de 1900 cc,  modelo  4×2, tamén chamado todocamiño xa que permite unha excelente circulación mixta, tanto por estradas como por camiños e pistas.

A decisión de mercar este vehículo veu dada, lóxicamente, polo deterioro do anterior, dahí que o Concello abrira un concurso para dotar o servizo dun novo, concurso ao cal, por certo,  se presentaron 6 ofertas, sendo a gañadora a de Aceña Móvil S.L. de Lugo. O importe investido na adquisición foi de 28.475,42 €, afrontados integramente polo noso Concello.

A presentación deste novo vehículo foi realizada polo alcalde Demetrio Salgueiro, que estivo acompañado por Marcos Veiga e David Lorenzo, xerente e xefe de vendas, respectivamente, da empresa adxudicataria, así como por Pancho e Juan Carlos do Servizo Municipal de Vixiancia de Xove.

3 de febreiro de 2016 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.