publicidade hoxe

Mos coa Mocidade organiza rutas de sendeirismo para animar aos veciños a facer exercicio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O Obradoiro de Emprego Mos coa Mocidade organiza rutas de sendeirismo para animar ós veciños e veciñas a facer exercicio, evitar o sedentarismo, ao tempo que coñecen o entorno das parroquias mosenses.

Estas rutas están programadas para os días 13 de febreiroe 12 e 19 de marzo. Son de balde, pero é necesario inscribirse previamente no teléfono 986487786 de luns a venres en horario de 9:00 horas a 13:00 horas. 

A saída das andainas farase dende o Concello ás 09:30 horas, onde un autobús partirá cos participantes para levalos cara a saída da ruta. Será necesario acudir con roupa e calzado cómodo, algo para comer no descanso, e unha bolsa para depositar os residuos da comida. 

A programación inclúe un xogo de pistas e un concurso fotográfico das paisaxes das rutas.

O día 13 de febreiro, a ruta será a do Camiño de Santiago, dende a Asociación de Veciños Santa Ana da Veigadaña, con remate no Santiaguiño, parroquia de Guizán. A duración aproximada é dunhas tres horas e ten unha dificultade media. O prazo para apuntarse é ata o día  11 de febreiro. 

O día 12 de marzo, a ruta será a do Sendeiro do Louro,arroupados pola flora típica de ribeira, coma salgueiros e ameneiros. Con comezo no barrio do Castro, e tamén unha duración aproximada de tres horas, neste caso a dificultade da ruta é baixa. É posible apuntarse ata o día 10 de marzo. 

O día 19 de marzo, realizarase a ruta dos Muíños de Pereiras que, cargados de historia e beleza, foron o sustento da supervivencia e vida do campo. Comezará na Igrexa San Miguel de Pereiras, onde tamén remata. A dificultade desta ruta é baixa e, coma todas as andainas, ten unha duración de tres horas. O prazo de inscrición é ata o día 17 de marzo.

4 de febreiro de 2016 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.