publicidade hoxe

Medio Ambiente colaborará na reurbanización de varias rúas do núcleo urbano de Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Carral. Foto: M. Fuentes

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Carral. Foto: M. Fuentes

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, trasladoulle esta mañá ao alcalde de Carral, José Luís Fernández Mouriño, que o departamento que dirixe colaborará na reurbanización de varias rúas do núcleo urbano de Carral. Así llo confirmou esta mañá a conselleira no transcurso dunha reunión celebrada na Coruña, na que ambos coincidiron en que a actuación é necesaria dado o estado no que se atopan as rúas Uxío Novoneyra, Pinguela, Cortaduría e a Plaza do Curro do Corno.

A actuación incluiría o soterramento de instalacións aéreas, mellorando a distribución de contedores para a recollida de lixo, a reorganización do tráfico na zona, polo que non só se trata duna actuación para mellorar a estética das rúas; senón que tamén se melloraría a rede de saneamento e de equipamentos.

No proxecto tamén inclúe a mellora dos sistemas de iluminación, que incluiría tanto a substitución como a reubicación das existentes, minimizando a contaminación lumínica e reducindo o consumo enerxético. Ademais, co fin de converter estes espazos en puntos de encontro dos veciños, tamén se definirá unha zona de aparcamento para bicicletas e se deseñarán zonas axardinadas.

Nas próximas semanas, pecharanse todos os detalles que constituirán o proxecto final, co fin de licitar as obras e poder inicialas nos próximos meses.

1 de febreiro de 2016 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.