publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Luis Valle será o pregoeiro de Moexmu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbadínCospeito
A-
A+

O escritor, artista plástico e xestor cultural, Luis Valle (Lugo, 1977), con raíces chairegas (na veciña parroquia de Moncelos no Concello de Abadín), será o pregoeiro da MOEXMU deste ano 2.016, o vindeiro venres primeiro de abril, ás sete da tarde.

É licenciado en Humanidades, Diploma de estudos avanzados en Literatura Española, especialista universitario en Dirección de Empresas de base tecnolóxica, máster en Técnicas de Xestión Integral do Patrimonio Cultural eEspecialista Universitario en Xestión e Políticas Culturais pola USC, o Consello Superior de Investigacións Científicas e a Universidade Oberta de Catalunya.

O seu percorrido profesional desenvolveuse entre a empresa privada e a Administración Pública. Traballou como docente no ámbito da comunicación empresarial, como técnico de arquivos nos concellos de Lugo e Guitiriz, como museólogo e investigador no Museo Pedagóxico de Galicia e a U.S.C., así como consultor de diversos proxectos empresariais de base tecnolóxica e no ámbito turístico. Durante os seis últimos anos traballou en distintos gabinetes do Goberno autonómico en consellerías con competencias en cultura, educación e turismo. 

É autor dos libros de poesía Zigurat (Scio, Lugo: 2001), Epitafio y corona para Manuel Quiroga (Finalista do Premio Internacional Ibáñez Martín, De la luna libros, Mérida: 2007), A Caída (Premio Caixanova, Danú: Santiago de Compostela, 2009), Fedor (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, Sotelo Blanco: Santiago de Compostela, 2011), Caderno do mendigo (Barbantesa, Cangas: 2011), As cicatrices do Sol (Premio Manuel Lueiro Rey, Sotelo Blanco: Santiago de Compostela, 2015) e Trona, o merlo (Barbantesa, Cangas: 2015) ), unha obra de teatro colectiva: Machado (De la luna libros, Mérida: 2008), así como, colaboracións con diversos libros de creación e antoloxías: Sempremar(Asociación Cultural Benito Soto, Santiago: 2003), Poetas en Lugo (Concello de Lugo, Lugo: 2007), China fotografía Madrid / China photographs Madrid (AECID, Shanghai: 2010), O negro leite da aurora (Toxosoutos, Santiago: 2011), etc. 

Participou nas seguintes obras: Foeminas, donas e mulleres esquecidas (Lugo, 19 a.C.-1950) (Concello de Lugo, Lugo: 2004), O Concello sobre rodas. Transporte público e parque móbil [Catálogo de exposición], (Concello de Lugo, Lugo: 2004), Facéndolle as beiras ó Miño: lendas, contos, adiviñas, refráns e ditos populares, parrafeos, cantigas, (Inludes, Diputación Provincial, Lugo: 2004), Da Tía Tula á Casa da muller (Mulleres lucenses, 1950-1990) (Concello de Lugo, Lugo: 2005), Actas do I Encontro Iberoamericano de Museos Pedagóxicos e Museólogos da Educación, Antonio Rial Sánchez e Luis Valle Regueiro (coords.) (Xunta de Galicia, Santiago: 2008), De obreiros a profesionais: historia da formación para o traballo en Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Santiago: 2009) e Mulleres na educación en Galicia (Xunta de Galicia, Santiago: 2009). Dirixíu as revistas “Evohé. Revista cultural del Campus Lucense” (1999-2001) e “65+. Revista dos maiores do Concello de Lugo” (2004-2005).

Colaborou en distintos medios de comunicación nacionais e internacional.

Xa se abriu o prazo de inscripción para a reserva de stand e parcelas a ubicar no Recinto Feiral “Manuel Vila López”

4 de febreiro de 2016 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.