publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Localizan nun rego o cadáver do condutor dun turismo que apareceu parado no Corredor do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Efectivos de emerxencias localizaron na mañá deste xoves nun regacho o cadáver do condutor dun turismo que apareceu parado, invadindo parte dun carril, no Corredor do Morrazo. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu á primeira hora da mañá no quilómetro sete do Corredor do Morrazo, en dirección a Cangas. Foi o condutor doutro vehículo o que alertou da presenza dun turismo parado na vía, invadindo parte dun carril.

Até o lugar desprazouse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico que, tras apartar o vehículo da zona de circulación e comprobar que estaba baleiro, realizaron unha inspección da zona para dar cos seus ocupantes. Pouco despois, localizaron o cadáver do condutor no Rego da Fraga, que corre por baixo da vía.

Os Bombeiros de O Morrazo desprazáronse até a zona para rescatar o corpo da auga. A Garda Civil está a investigar as circunstancias do suceso, aínda que determinaron que, en aparencia, o vehículo sufriu unha avaría.

11 de febreiro de 2016 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.