publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Lactalis aplicará a revalorización do leite a partir da liquidación de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada dereitaVilalba
A-
A+
Europa Press

O Grupo Lactalis, cunha planta en Vilalba (Lugo) ante a cal os gandeiros protestaron a semana pasada, anunciou este mércores que aplicará “a revalorización que se deduce” do acordo de sustentabilidade alcanzado en setembro na sede do Ministerio de Agricultura “a partir das liquidacións do mes de xaneiro”.

Avanzouno a través dun breve comunicado, no que reitera o seu “compromiso de cumprir co acordo de sustentabilidade do sector lácteo”, asinado o 23 de setembro de 2015 en Madrid.

Por outra banda, expresa o seu “desexo de estabilidade para os próximos meses” e solicita ás organizacións que aínda non asinaron ao acordo “que se adhiran ao mesmo como marco de diálogo e colaboración adecuado para o sector”, toda vez este se atopa inmerso “nun contexto adverso” a nivel internacional e local, “no que os excesos de produción e ‘stock’ se ven agravados polas caídas da demanda”.

3 de febreiro de 2016 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.