publicidade hoxe

La Bodega de Ton actúa nos Venres do Ateneo Santa Cecilia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O grupo marinense La Bodega de Ton vai actuar esta semana nos Venres do Ateneo Santa Cecilia, a partir das 21:00 horas. Os seis compoñentes desta banda ofreceranlle ao público unha versión persoal da música, a ritmo de guitarra, ukelele, piano, acordeón, trompa e caixón, ademais de dúas voces solistas.

Canda La Bodega de Ton actuará como teloneiro o grupo de rock Acromatics. No acceso ao concerto os socios do Ateneo Santa Cecilia achegan unha doazón de 3 euros; 4 no caso dos non socios.

Por outra banda, o Cine Club do Ateneo Santa Cecilia retomará a actividade o vindeiro xoves 25 de febreiro, ás 21:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal, coa proxección da película “Soldados de Salamina”, de David Trueba.

Ademais, o marinense Xaquín Soneira é un dos creadores cuxa obra se poderá visitar ata o 5 de marzo na sala de exposicións do Ateneo. Canda os seus debuxos, están tamén as pezas da Asociación de Ceramistas Arxilarte e os traballos de Enrique Santiago

17 de febreiro de 2016 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.