publicidade hoxe

Joel Antón queda segundo na primeira proba da Copa de España MX125

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Joel Antón

Joel Antón

O pasado fin de semana iniciouse o Cto. de España de Motocross nas categorías Élite-MX1, Élite-MX2 e a Copa de España MX125 coa primeira proba celebrada na localidade de Albaida (Valencia). Na que o galego Joel Antón lograba a 2ª posición na clasificación da Copa de España MX125, tras finalizar 3º nas dúas mangas celebradas. Ademais conseguía ser o primeiro clasificado da MX125 YZ Cup, copa monomarca integrada na Copa de España MX125.

No Cto. de España Élite-MX2 outro galego, Rubén Fernández, finalizaba 4º na primeira manga e 9º na segunda, resultados cos que se sitúa na 6ª posición da clasificación final da proba e tamén na provisional do Campionato.

Os pilotos das categorías Élite-MX1 mais Élite-MX2 teñen a seguinte cita na proba que se celebrará o 20 de febreiro en Sanlucar de Barrameda (Cádiz), mentras que a segunda proba para os da Copa MX125 será o 19 de marzo en Talavera (Toledo) coincidindo de novo cos das categorías Superiores (Élite-MX1 / Elite-MX2) que disputarán a súa terceira proba nesa mesma data.

8 de febreiro de 2016 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.