publicidade hoxe

Impulso provincial ao remate das obras no campo de fútbol do Alondras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPontevedra
A-
A+

A presidenta da Deputación de Pontevedra asinou esta mañá un convenio de colaboración co alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e o presidente do Alondras CF, Luis Guimeráns, para rematar a obra da nova bancada no campo de fútbol do Alondras, paralizada debido a que a cimentación deseñada non se adaptaba á calidade xeotécnica do terreo.

O campo de fútbol do Alondras, inaugurado en 1971, tiña deficiencias na bancada do campo que presentaban perigo de derrubamento. Asinouse, por tal motivo, no ano 2014, un convenio entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Cangas e o Alondras CF para impulsar o arranxo das bancadas. Este convenio fixaba como data de fin de obra outubro de 2015 pero, debido á paralización das obras en xuño do ano pasado por problemas técnicos de cimentación, era necesario formalizar un novo para impulsar o remate da actuación e executar o asinado.

O novo convenio, asinado esta mañá, ten vixencia ata o 31 de decembro de 2016. A través del a Deputación de Pontevedra achega 508.349,56 €, contía remanente do ano 2014, para dar por finalizada a construción das novas bancadas do campo de fútbol do Alondras.

3 de febreiro de 2016 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.