publicidade hoxe

González Formoso recibe ao alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoqueixón
A-
A+
O presidente da Deputación da Coruña na reunión co alcalde de Boqueixón

O presidente da Deputación da Coruña na reunión co alcalde de Boqueixón

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ao alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, co que tratou diferentes temas de interese común entre ambas administracións.

González Formoso e Rodeiro Tato analizaron durante a reunión algúns dos proxectos que a institución provincial financiará no municipio a través de plans con criterios obxectivos como o Plan de Obras e Servizos (POS), o Plan de Acción Social (PAS) e o Plan de Aforro e Investimento (PAI); que suman investimentos por importe de preto de 700.000 euros, cuxo destino final será decidido polo Concello de Boqueixón. Entre eles inclúese a mellora en diversos camiños das parroquias de Lamas e Lestedo.

O rexedor de Boqueixón trasladou tamén ao presidente unha proposta para a mellora da seguridade vial na estrada DP 1201 do Feal a Codeso, que inclúe a creación de diversos tramos de senda peonil, un proxecto que o presidente provincial comprometeuse a estudar co servizo de Vías e Obras.
Ao remate do encontro, Rodeiro invitou ao presidente provincial a asistir á XXXIII edición da Festa da Filloa de Lestedo, que conta tamén coa colaboración da Deputación e que este domingo reunirá a milleiros de visitantes no municipio para a exaltación dun dos produtos máis tradicionais do entroido.

11 de febreiro de 2016 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.