publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Feijóo pide desculpas polos insultos machistas dun edil do Partido Popular a Carmela Silva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaMoraña
A-
A+
Europa Press

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, pediu “desculpas” como presidente do partido polos insultos machistas que un concelleiro do PP de Moraña (Pontevedra), Jorge Caldas, responsable local de Igualdade, dirixiu á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, nunha rede social.

En concreto, tanto o BNG como o PSOE piden a dimisión de Caldas despois e que este tachase de “mala raposa” e “lercha” a Silva nunha publicación de Facebook que abordaba o conflito entre organizadores do rally Rías Baixas e membros da Deputación, o que motivou que o último pleno se celebrase a porta pechada.

Preguntado, tras un acto en Santiago, acerca de se o edil pode seguir no cargo despois dos seus insultos machistas, Feijóo non aclarou este extremo, pero si sinalou que “ten que desculparse inmediatamente”.

“Pedir desculpas moi serias”, agregou, para remarcar que o seu comportamento non é “admisible en ningún tipo de democracia”.

“Eu pido desculpas como presidente do partido”, resolveu.

3 de febreiro de 2016 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.