publicidade hoxe

Éxito de participación no Festival Infantil de Entroido en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+
Concurso de disfraces en Salvaterra

Concurso de disfraces en Salvaterra

Un ano máis, o Concello de Salvaterra de Miño organizou o seu  Festival Infantil de Entroido,  que reuniu a cento pais, nais,  nenos e nenas no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra. Os máis cativos disfrutaron de diferentes actividades, entre elas o concurso de disfraces, onde o xurado, formado por tres persoas, valoraron o colorido dos disfraces, o bo gusto e o traballo na realización dos mesmos. Tívose en conta especialmente aqueles disfraces que foron feitos de modo artesanal así coma a súa posta en escena no momento da presentación.

Dende o Concello agradeceron a todos os participantes a súa asistencia e sobre todo os mais cativos, facendo fincapé en que cada ano é máis difícil escoller aos gañadores e gañadoras deste concurso, pero que o importante é participar e pasar unha tarde divertida.

Os gañadores deste ano foron:

1º premio.- ALICIA FERNADNEZ PENIN. SHIVA

2º premio.-MARTIN E NAIARA FERNANDEZ ROCHA. PATRULLA CANINA

3º premio.- NICOLAS RODRIGUEZ CARRERA.TORTUGA NINJA

10 de febreiro de 2016 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.