publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dúas persoas detidas en Ribadeo por instalar cámaras ocultas nunha habitación que alugaron a unha masaxista erótica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurensePortada dereitaRibadeoSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil detivo en Ribadeo (Lugo) a dous homes acusados dun delito contra a intimidade, despois de que, supostamente, instalasen cámaras ocultas nunha habitación que alugaron a unha masaxista erótica. A investigación iniciouse despois de que a propia muller denunciase que detectara cámaras ocultas na habitación alugada para desenvolver a actividade profesional de masaxista erótica.

As pescudas detectaron dúas cámaras instaladas no piso de forma oculta e os axentes incautáronse dos teléfonos móbiles dos propietarios, onde supostamente dirixían as imaxes captadas. Os dous homes foron detidos.

ROUBO CON VIOLENCIA

Por outra banda, a Policía Nacional detivo a un home de 27 anos de idade acusado de roubar un teléfono móbil en Ourense empregando a forza.

Os feitos dos que se lle acusa sucederon o 4 de setembro do ano pasado, cando a vítima se atopaba no interior do campus de Ourense, un mozo aproximóuselle e, sen mediar palabra, golpeouna e tirouna ao chan, arrebatándolle o móbil.

18 de febreiro de 2016 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.