publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous accidentes de tráfico sáldanse con dúas persoas mortas en A Fonsagrada e Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaBoqueixónLocal PortadaMarínPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas faleceron a última hora deste xoves en senllos accidentes de tráfico rexistrados nas localidades de A Fonsagrada (Lugo) e Boqueixón (A Coruña). Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o primeiro dos sinistros aconteceu pouco antes das 19,00 horas na estrada LU-530, ao seu paso pola parroquia de Padrón, en A Fonsagrada.

O accidente consistiu nunha colisión fronto-lateral na que se viron implicados dous vehículos. O condutor dun deles resultou falecido, mentres que o outro quedou ferido leve.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil, así como persoal sanitario do 061-Galicia e operarios de mantemento de estradas.

ACCIDENTE MORTAL EN BOQUEIXÓN

Por outra banda, pasadas as 21.00 horas, o 112 tivo coñecemento doutro accidente de tráfico acontecido na estrada DP-1202, que une Vedra con Lestedo, dentro do termo municipal de Boqueixón.

O vehículo, no que viaxaban dúas persoas, saíuse da vía e colisionou contra unha árbore. Foi o condutor o que alertou o 112 indicando que a persoa que ía con el se atopaba inconsciente e que as portas do turismo estaban bloqueadas.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Ordes, que liberaron as vítimas e confirmaron que o acompañante falecera. A vítima mortal é un home de 48 anos, J.S.D.

Ata o lugar do sinistro, ademais dos Bombeiros, mobilizáronse os axentes da Garda Civil, mientros de Protección Civil e servizos sanitarios de urxencia do 061.

ACCIDENTE DE MOTO

Finalmente, pouco antes das 22,00 horas un particular alertou ao 112 Galicia informando de que unha moto se saíra da vía e colisionar contra a protección lateral en Marín (Pontevedra). O suceso aconteceu na estrada que une Pardavila e Figueirido.

O 112 mobilizou os servizos sanitarios de urxencia do 061, que trasladaron ao motorista ferido ao Hospital Montecelo de Pontevedra.

26 de febreiro de 2016 | 10:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.