publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dimite o concelleiro popular que chamou “mala zorra” a Carmela Silva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMorañaPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

O concelleiro do PP en Moraña (Pontevedra) Jorge Caldas, tenente de alcalde e responsable da área de igualdade, presentou este mércores a súa renuncia voluntaria, tras chamar “mala zorra” e “desvergonzada” a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Nun breve comunicado remitido polo PP, o edil manifesta que o contexto en que se produciu o comentario foi “o de frustración por diferenzas” co organismo provincial en relación coa cancelación dun rallye.

Ademais, aproveita para trasladar de forma expresa “e sentida” as súas desculpas á presidenta, e interpreta a dimisión como un “xesto que evidencia” o seu “arrepentimento polo erro cometido”.

Sobre as súas palabras, concreta que as expresou na súa conta “particular” dunha rede social –’Facebook’– pero recoñece que se referiu a Silva “en termos ofensivos e inadecuados”.

“Esas consideracións”, di, “ademais de ser inxustificadas e inxustificables, nin se corresponden cunha relación lóxica entre adversarios políticos, nin se corresponden coa miña opinión persoal acerca da señora Silva”.

En canto ao contexto, a cancelación do rallye internacional ‘Rías Baixas’ “por a falta de apoio” da Deputación, di, admite que nin para el nin para o seu partido nin esta discrepancia nin ningunha outra xustifican o insulto persoal que proferín”.

PRESIÓN DO PSOE

Tras denunciar o BNG de Moraña e os feitos, o PSOE galego, a través da súa deputada Carmen Gallego e tamén do secretario provincial de Pontevedra, Santos Héctor, premeu este mércores para esixir ao PP galego e ao seu líder, Alberto Núñez Feijóo, o cesamento “fulminante” de Jorge Caldas, por unha expresión que viron “cargada de violencia machista”.

Igualmente, o goberno de Vigo condenou os insultos do edil de Moraña a Silva “por ser muller” e esixiu a Feijóo que o botase do Partido Popular.

CARTA DENDE FERRAZ

Tamén se mobilizou ante este feito Ferraz, que esixiu ao presidente da Xunta o cesamento “inmediato” do tenente de alcalde de Moraña, mediante unha carta que escribiu a secretaria de igualdade do PSOE, Carmen Montón, a Núñez Feijóo, recordándoo que como responsable político ten a “obriga de dar exemplo e trasladar á cidadanía tolerancia cero” contra a violencia machista.

Montón pediulle que cesase “inmediatamente” ao edil de Moraña e que, como máximo responsable dos populares en Galicia, non fose “cómplice deste tipo de violencia” e reaccionase “de xeito rápido e eficaz” aos insultos verquidos por Caldas.

“A violencia contra as mulleres é un dos peores males que soportan as nosas sociedades polo que o PSOE ten un compromiso inequívoco coa súa erradicación. A violencia de xénero non ten cabida nas nosas institucións”, apuntaba a secretaria de igualdade dos socialistas.

3 de febreiro de 2016 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.