publicidade hoxe

Desaloxan un edificio no Porriño por un incendio nunha campá extractora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO PorriñoSucesos
A-
A+
Europa Press

Os Bombeiros do Porriño (Pontevedra) tiveron que desaloxar aos habitantes dun edificio da localidade a causa dun incendio rexistrado nunha campá extractora. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu na mañá deste xoves nunha vivenda da zona urbana da localidade, onde unha campá extractora comezou a arder.

Os propios afectados foron capaces de apagar as lapas cun extintor, aínda que o fume xerado no incendio se estendeu polas zonas comúns do edificio, polo que os Bombeiros tomaron a decisión de desaloxar os veciños. Tras ventilar as estanzas, todos volveron xa aos seus domicilios.

Ademais dos Bombeiros de Baixo Miño, ata o lugar do suceso desprazáronse tamén efectivos da Policía Local.

25 de febreiro de 2016 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.