publicidade hoxe

Deputación de Pontevedra e os concellos de Soutomaior e Ponteareas comenzan a posta en valor dos seus castelos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasPontevedraSoutomaior
A-
A+

Os alcaldes de Sotomaior, Agustín Reguera, e de Ponteareas, Xosé Represas, mantiveron hoxe un encontro co deputado provincial de Turismo, Santos Héctor, e os responsables da empresa redactora dos proxectos de usos dos castelos de Soutomaior e Sobroso.

Este encontro está enmarcado na política da nova Deputación de contar cos concellos, e os seus responsables, nas decisións en aqueles actuacións que desenvolva a institución provincial nos seus ámbitos. Así o destacou Santos Héctor, que calificou esta xuntanza de traballo “como moi útil para que os propios alcaldes nos aporten as súas ideas e posibles proxectos que teñen para ambos castelos que a Deputación quere poñer en valor”.

O responsable de Turismo subliñou que a propia Presidenta da Deputación, Carmela Silva, está moi implicada en contar con ambos castelos como unha forma de promoción turística e diversificación cultural e económica de ambas localidades, pero que “era necesario redefinir os seus usos para que aporten un maior valor pero sempre contando cos concellos onde se atopan localizados os castelos”, conclúe Santos Héctor.

Pola súa banda, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, salientou que o castelo dispón dunha finca de dez hectáreas que pode aportar moito valor, ademais da propia construción defensiva, xa que conta no seu interior con plantacións de camelias, vides e diversos frutais.

Reguera sinalou tamén a posibilidade de contar con diversas rutas pola finca do castelo que inclúa a visita a capela o muiño ou a “decoñecida cadeira da raíña. Unha pedra en forma de cadeira dende a que se contempla unha vista moi fermosa”, según as súas propias palabras.

Tamén o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, que estivo acompañado polas concelleiras Chus Garrote e Cristina Fernández, agradeceu que a Deputación conte co concello para definir os usos do castelo de Sobroso pero sinalou que era urxente realizar certas actuacións na finca para a tempada turística.

Represas subliñou que o castelo e a finca ten un certo abandono e que sen embargo conta cun potencial moi importante, non so cultural pola importancia da fortaleza en si, senón polo que ten nas súas 37 hectáreas de superficie. Así destacou unha colección de camelias, doadas por un particular, con exemplares únicos; unha masa arbórea de castiñeiros moi grande e unha sobreira, entre outras cousas.

Por último, incidiu na posibilidade de que o castelo poda ser un referente de colaboración con todos concellos da comarca dada a súa localización.

Santos Héctor agradeceu aos alcaldes e concelleiras a súa participación nestas xuntanzas que enmarcou na política da nova Deputación de ser un acompañante dos concellos e colaborar con eles “sen imposicións e de igual a igual”, conclúeu.

4 de febreiro de 2016 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.