publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Condenan ao Sergas a indemnizar a familia dunha muller que faleceu en Povisa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal PortadaPontevedraPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) condenou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a indemnizar con 100.000 euros os catro fillos dunha veciña de Cangas (Pontevedra), que faleceu en 2009 a causa dunha “deficiente atención” no hospital vigués Povisa, centro ao cal fora derivada dende o seu centro de saúde.

Os feitos remóntanse a maio de 2009 cando esta muller, de 72 anos de idade, acudiu ao seu médico de cabeceira con cefalea, vómitos e outros problemas de tipo neurolóxico, vinculados cunha crise de hipertensión. O facultativo derivouna ao centro concertado Povisa, ao que estaba adscrita a paciente.

Segundo informou a asociación El Defensor del Paciente, que representou a familia na demanda, o médico de Urxencias de Povisa mantivo a muller en observación un par de horas, ata que o baixou un pouco a tensión arterial, e a enviou á súa casa tras pautarle ansiolíticos. Pouco despois, a muller sufriu unha caída e unha hemorraxia cerebral e ingresou ao día seguinte en Povisa, onde faleceu uns días máis tarde.

Os fillos da paciente presentaron reclamación ante o Sergas, que non os indemnizou, polo que recorreron á vía contencioso administrativa. Inicialmente, o xulgado desestimou a demanda contra a administración pública sanitaria, ao entender que a mala praxe se cometera en Povisa.

Agora o TSXG establece na súa sentenza que sexa o Sergas que indemnice, xa que a paciente foi remitida polo Sergas a Povisa, sen prexuízo de que a administración pública reclame logo o reembolso desa compensación ao hospital concertado.

Na sentenza do alto tribunal galego, segundo informa El Defensor del Paciente, constátase a “deficiente atención” do servizo de Urxencias de Povisa á muller, por non seguir as pautas axeitadas a unha “emerxencia hipertensiva”. A ese respecto, os peritos indicaron que a hemorraxia cerebral “probablemente non tería lugar” se o médico de Povisa non enviase á paciente á casa cunha tensión de 180/100 e a mantivese máis tempo en observación.

16 de febreiro de 2016 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.