publicidade hoxe

Cinco persoas feridas nunha colisión en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosSucesos
A-
A+
Europa Press

Cinco persoas resultaron feridas leves nunha colisión entre dous vehículos rexistrada a última hora deste xoves na localidade pontevedresa de Mos. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 22,00 horas na N-550 ao seu paso por Mos, cando un vehículo no que viaxaban cinco persoas colisionou contra outro que estaba aparcado.

Ata o lugar foron motilizados os Bombeiros de Baixo Miño, a Garda Civil de Tráfico, o servizo municipal de emerxencias e o 061-Galicia, que trasladou os feridos, de carácter leve, ao Hospital Perpetuo Socorro de Vigo.

19 de febreiro de 2016 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.