publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Catro persoas feridas nun accidente de tráfico no Corredor do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoañaSucesos
A-
A+
Europa Press

Catro persoas resultaron feridas a última hora deste mércores nun accidente de tráfico con tres vehículos implicados no Corredor do Morrazo ao seu paso pola localidade pontevedresa de Moaña. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o accidente ocorreu sobre as 20,30 horas deste mércores no quilómetro 1 da CG-4.1, en sentido Cangas.

Até o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos Bombeiros, as Forzas de Seguridade e os servizos sanitarios para atender aos feridos. Así mesmo, acudiu un equipo de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas, dado que o golpe danou varios sinais de tráfico.

18 de febreiro de 2016 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.