publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Catro menores e dous adultos resultan intoxicados por monóxido de carbono en Castroverde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastroverdeLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Seis membros dunha mesma familia, catro menores e dous adultos, recibiron asistencia durante a madrugada deste martes ao resultar intoxicados por monóxido de carbono na súa vivenda de Castroverde (Lugo).

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, a alerta recibiuse sobre as 3.30 horas e ata o lugar desprazáronse fectivos dos Bombeiros de Sarria, o GES de Becerreá e a Garda Civil.

Os ténicos sanitarios que participaron no operativo, no lugar de Tórdea, explicaron que a intoxicación se debeu á mala combustión dunha cociña de leña. As seis persoas afectadas foron trasladadas ao Hospital Xeral de Lugo.

2 de febreiro de 2016 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.