publicidade hoxe

As axudas da Xunta ao concello de Mos mellorarán instalacións deportivas e recuperará o Parque das Lagoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Alfonso Rueda na visita ao Concello de Mos

Alfonso Rueda na visita ao Concello de Mos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado da alcaldesa, Nidia Arévalo, visitou hoxe o concello de Mos onde coñeceu de primeira man as actuacións levadas a cabo ao abeiro de ordes de axudas da Xunta, como son o Fondo de Compensación Ambiental e a Orde de Infraestruturas.

Alfonso Rueda, que tamén estivo acompañado polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves visitou as instalacións deportivas na zona das Pozas, financiadas ao abeiro da Orde de Infraestruturas, cunha axuda de máis de 35.000 euros; e posteriormente a recuperación do Parque das Lagoas, en Guizán, grazas a unha axuda do Fondo de Compensación Ambiental, por importe de 28.000 euros.
O concello de Mos recibiu axudas do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de Infraestruturas, dúas ordes dirixidas aos concellos, que benefician especialmente aos municipios pequenos e do interior de Galicia, que contribúen á mellora das condicións de vida dos seus veciños, como vemos neste caso, e que amosan o a aposta da Xunta polos concellos. O Fondo procede do canon eólico e xa leva sete anos beneficiando aos concellos galegos con explotacións eólicas a través de pequenas obras, pero moi necesarias.

Co Fondo de Compensación Ambiental, por primeira vez os concellos se benefician dos parques eólicos que hai en Galicia e redunda na mellora das condicións ambientais, axuda ás arcas municipais e contribúe ao reequilibrio territorial. Ademais, incrementouse en tres millóns de euros, creando ademais un Fondo de Fusión para apoiar a todos os concellos que decidan levar máis alá a súa cooperación e apostar por fusionarse.

Grazas á Orde de infraestruturas aos concellos galegos, poden financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. Axudas que permiten levar a cabo actuacións que benefician directamente aos veciños. Pequenos investimentos, que teñen reflexo directo no día a día dos cidadáns, e que contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida.

Desde o ano 2009, o concello de Mos leva recibidos 246.356 euros a través de diversas liñas de colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, xa que no ano 2012, recibiu unha axuda de 32.000 euros para actuacións para evitar a degradación e o deterioro ambiental. No ano 2013, recibiu 24.500 euros, destinados para a recuperación de espazos ambientalmente degradados de puntos de recollida de lixo; e no ano 2014, recibiu 28.000 euros para a creación dun parque-escola sobre a auga e os cultivos ecolóxicos

15 de febreiro de 2016 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.