publicidade hoxe

Actividades para todos os públicos nas xornadas gastronómicas “Padrón sabor a lamprea”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPadrón
A-
A+

Por segundo ano consecutivo, a vila de Padrón acollerá entre os días 19 e 28 de febreiro as “II Xornadas gastronómicas, Padrón, sabor a lamprea”, organizadas polo Concello que nesta edición contarán con actividades pensadas para todos os públicos arredor deste peixe e a súa gastronomía.

O programa inclúe tamén a participación dos restaurantes e outros establecementos de hostalaría da vila padronesa que os dous últimos fins de semana deste mes, incluidos os venres ofrecerán os “menús lampreeiros” a un prezo especial de 25 euros por persoa.

Como unha das principais novidades, este ano está previsto o desenvolvemento das denominadas experiencias arredor da lamprea, nas que varios profesionais de medios de comunicación especializados poderán vivir unha xornada de pesca para logo cociñar as capturas, compartindo esta tarefa cos cociñeiros dos restaurantes que participan nas xornadas. 

Obradoiros

A II edición das “Xornadas gastronómicas, Padrón, sabor a lamprea” acollerán os obradoiros “Cociña a túa lamprea”, nunha edición para nenos que terá lugar o sábado 27 de febrero, ás 11.00 horas, e outro para adultos, que se desenvolverá ás 16.30 horas do mesmo día. 

Durante esta xornada o mercado de abastos da vila padronesa acollerá un showcooking arredor da lamprea a partir das 18.30 horas.  

Dentro das actividades das Xornadas, o día 21, está previsto que se realice polo río Ulla a “Ruta de rafting lampreira”, mentres que o 26 de febreirodesenvolverasena Fundación Pública Galega Camilo José Cela o coloquio “Experiencias únicas: a captura da lamprea”. 

Actividades nas escolas

Este ano, ademáis, a actividade amplíase á contorna escolar a través de distintas iniciativas de divulgación como contacontos, cun relato baseado na migración da lamprea para o desove.

Tamén está prevista a emisión dun video divulgativo sobre a lamprea, cedido polo Museo Arbo (Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea de Arbo), e a realización doutraspracticas didácticas que se desenvolverán de xeito máis lúdico, por medio de xogos e actividades dinámicas.

5 de febreiro de 2016 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.