publicidade hoxe

A Xunta realizará unha proba de sereas na presa da “Frieira” o 16 de febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecenteLocal PortadaPadrenda
A-
A+

O próximo martes 16 de febreiro realizarase unha proba de son das sereas instaladas por Gas Natural Fenosa para alertar á poboación de incidencias na presa de Frieira. O sinal será audible nos lugares de A Torre, Acivido e A Frieira (Padrenda) e nas parroquias de Quintela e O Freixo (Crecente) entre as 17.00 e as 18.00 horas.

Gas Natural Fenosa está implantado o Plan de Emerxencia de Frieira, que ten coma finalidade o incremento das garantías de seguridade que xa ofrece a presa. Esta iniciativa realizase baixo control da Delegación do Goberno, Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Emerxencias e Interior), Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e os concellos de Padrenda e Crecente.

O plan afecta a numerosos aspectos e nel establécense diversos procedementos para o suposto de que se produzan incidencias no normal funcionamento da presa. Actuacións semellantes véñense desenrolando en outras presas de Galicia e no resto de España.

Entre as medidas adoptadas, o Plan de Emerxencia de Frieira estableceu que se habilitase unha rede de sereas coas que alertar a poboación en caso necesario. As sereas xa están instaladas na propia presa.

Cando entre as 13.30 y las 14:30 horas do martes soen as sereas, a poboación poderá continuar coas súas actividades ordinarias, xa que non avisarán de ningunha alerta, dado que se tratará dunha simple proba. As sinais acústicas poderán funcionar durante a maña tanto parcialmente como no seu conxunto, porque se farán distintos ensaios.

Para un maior coñecemento do Plan de Emerxencia de a presa de Frieira, en breves datas terán lugar unhas charlas informativas a poboación na que se explicarán aspectos relacionados coa seguridade da presa e medidas de autoprotección da poboación. Así mesmo farase entrega duns folletos informativos que poden ser solicitados gratuitamente nas casas dos concellos de Padrenda e Crecence e distribuídos nas casas dos veciños dos lugares indicados.

Aposta pola prevención

A Xunta de Galicia quere salientar así a importancia que teñen este tipo de exercicios, xa que dan a coñecer á poboación da zona as medidas de autoprotección a aplicar en caso de un incidente, ademais da necesidade dunha coordinación efectiva entre as administracións e as empresas para garantir a seguridade na zona.

Quérese destacar tamén a importancia da aposta pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias. Os plans de emerxencias teñen como obxectivo determinar os posibles riscos das presas hidráulicas e ter preparada a resposta axeitada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente.

12 de febreiro de 2016 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.