publicidade hoxe

A Xunta potenciará o Servizo de Atención no Fogar no municipio de Riós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiós
A-
A+

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou hoxe a súa rolda de entrevistas con rexedores e rexedoras co obxectivo de poñer en común as liñas estratéxicas que guiarán este ano a actuación do Goberno galego no ámbito da inclusión; da atención aos maiores e ás persoas con dependencia; do apoio á familia, á infancia e á conciliación; e da xuventude. Nesta ocasión, a reunión de traballo foi co alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga Romero, e serviu tamén para repasar a situación dos servizos sociais neste municipio de Ourense.

Así, nesta nova etapa dirixida por José Manuel Rey Varela, o conselleiro insiste no diálogo cos entes municipais para optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións en beneficio dos galegos e galegas. Deste xeito, a Xunta de Galicia e os responsables das entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello.

Neste sentido o responsable da carteira autonómica de Política Social e o primeiro edil de Riós contemplaron as posibilidades de cooperación futura en aspectos como a atención á dependencia. Ao respecto, Rey Varela anunciou un incremento de 70 horas no Servizo de Atención no Fogar (SAF), coa finalidade de chegar a un maior número de beneficiarios. O obxectivo da Xunta no conxunto da Comunidade Autónoma é subir ata o 75% a ratio de cobertura do sistema galego de coidados e promoción da autonomía persoal, que actualmente atende a practicamente dous terzos das persoas que teñen recoñecida a dependencia.

10 de febreiro de 2016 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.