publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta mellora a empregabilidade de 15 traballadores co obradoiro de emprego de agricultura ecolóxica de Moraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoaña
A-
A+

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina preto de 130.000 euros ao obradoiro de emprego de Moraña no que se están a formar ata finais do mes de marzo 15 alumnos e alumnas en agricultura ecolóxica. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou hoxe este programa mixto de formación e emprego no que os seus participantes están a realizar tarefas de produción e recolección de cultivos en espazos axeitados para a agricultura de base ecolóxica nos concellos de Moraña, Valga e Cuntis.

Marnotes explicou que a Xunta está a investir este ano 14 millóns de euros nos obradoiros de emprego para mellorar a cualificación das persoas desempregadas e crear emprego estable e de calidade. Indicou que unha das prioridades da Xunta é apostar pola formación de calidade e, neste senso, sinalou que os obradoiros de emprego están vinculados á obtención dun certificado de profesionalidade con validez nacional.

Explicou que estes talleres, ademais de mellorar a empregabilidade dos alumnos e alumnas e ofrecerlles formación de calidade e acceso a un emprego, levan aparellados a realización de obras e servizos para a comunidade. Ademais, outra das vantaxes destas iniciativas é o fomento da colaboración institucional, xa que estes programas lévanse a cabo coa coordinación da Administración local. Así, o director xeral subliñou que os obxectivos destes programas, que a Xunta seguirá a impulsar, son “a formación e capacitación, inserción laboral e a colaboración cos concellos”.

4 de febreiro de 2016 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.