publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta inicia o procedemento de adxudicación de sete vivendas de promoción pública construídas no Incio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Incio
A-
A+

A Xunta, a través da Comisión Provincia de Vivenda, iniciará no próximo mes de marzo o procedemento para a adxudicación de sete vivendas de promoción pública cuxa construción se está rematando no concello do Incio, en Lugo.

Estes inmobles, conforme ao que establece a normativa vixente en materia de vivenda de promoción pública, serán adxudicados a través do sorteo entre os solicitantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia na data en que a Comisión determine o inicio do procedemento de adxudicación.

O Goberno galego lembra que todos os interesados na adxudicación de ditas vivendas deben solicitar á maior brevidade posible a inscrición en dito Rexistro, salvo que xa estiveran efectivamente inscritos no mesmo.

Os interesados en inscribirse no Rexistro deberán dirixirse á área provincial do IGVS en Lugo (Avda. Ramón Ferreiro, 28 Lugo. Teléfono de Información : 982 294 628) ou consultar a información na web do IGVS (http://igvs.es/web/actuamos/137).

As vivendas construídas no Incio constan de tres dormitorios, salón, cociña, baños, tendedeira, garaxe e rocho, cunha superficie útil de 90 metros cadrados. O Instituto Galego da Vivenda e Solo investiu nestas vivendas máis de 951.000 euros.

18 de febreiro de 2016 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.