publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta garante aos veciños de Agualada unha solución para acceder ás fincas colindantes coa autovía da Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaZas
A-
A+

A Xunta garántelles aos veciños da parroquia de Agualada que disporán dunha solución segura para acceder ás fincas colindantes coa Autovía da Costa da Morte. Así o trasladou esta mañá o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, na reunión que mantivo hoxe en Baio co alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira, e un grupo de veciños do núcleo de Outeiro para tratar a solicitude de paso superior.

O responsable de Infraestruturas manifestou a plena vontade da Xunta de atender a preocupación dos propietarios destas fincas procurando unha solución segura de acordo cos criterios técnicos, garantindo en todo caso o acceso ás fincas. Nese sentido informou da mellora do trazado dos camiños de servizo situados en Outeiro, reducindo a súa pendente lonxitudinal.

Así mesmo, avanzou que a previsión é colocar barreira de seguridade e afirmar estes camiños cun pavimento de formigón rugoso onde a pendente lonxitudinal sexa maior. De esta maneira garántese axeitadamente a tracción dos vehículos nas circunstancias meteorolóxicas máis adversas.

18 de febreiro de 2016 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.