publicidade hoxe

A Xunta executará obras de mellora de seguridade na estrada OU-402 cun investimento duns 270.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA ArnoiaOurense
A-
A+

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladoulle hoxe nunha reunión ao alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, que a Xunta executará obras de mellora de seguridade na estrada Ourense- Cortegada (OU-402) mediante o investimento dun 270.000 euros.

A Axencia Galega de Infraestruturas actuará nesta estrada, concretamente no treito comprendido entre os PQ 30+700 e 34. Os traballos a realizar centraranse no fresado e reposición do firme naqueles puntos que se atopen deteriorados, actuando en todo o ancho do carril na maior parte do treito.

Ethel Vázquez informou ao rexedor de que a Xunta está a redactar o proxecto para poder licitalo na maior brevidade posible e levar a cabo as actuacións antes do paso da Volta Ciclista por este municipio ourensán.

O Goberno galego está a avanzar nunha materia prioritaria como é a seguridade viaria, apostando polo interior de Galicia, ao tentar mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os galegos, independentemente do lugar onde vivan.

19 de febreiro de 2016 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.