publicidade hoxe

A Xunta entrega 13 embarcacións de salvamento aos servizos de Protección Civil de concellos da Coruña e Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLugoPorto do Son
A-
A+
Alfonso Rueda na entrega de embarcacións en Porto do Son

Alfonso Rueda na entrega de embarcacións en Porto do Son

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe en Porto do Son de 13 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate para os servizos de Protección Civil de outros tanto concellos da Coruña e Lugo.

Segundo destacou Alfonso Rueda, o equipamento entregado hoxe forma parte dun ambicioso plan de mellora dos medios materiais dos que dispón a Comunidade Autónoma de Galicia e que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións de emerxencias.

O acto contou tamén coa participación do delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Diego Calvo, e do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.

En concreto hoxe entregáronse catro embarcacións de catro metros de eslora aos concellos de Corcubión, Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Foz; e outras nove de cinco metros para Ares, Carnota, Malpica de Bergantiños, Miño, Muros, Muxía, Abegondo, Viveiro e Portomarín. Este material supón un investimento de 179.000 euros.

A Xunta de Galicia leva destinados nos últimos meses máis de catro millóns de euros para reforzar con medios materiais as agrupacións de Protección Civil alí onde máis o necesitan. En total, foron entregados xa máis de 60 todoterreos, 40 furgóns, máis de medio cento de remolques e máis de 30 esparexedores de sal, entre outro material, ás que hoxe se suman as 13 lanchas de salvamento.

O vicepresidente subliñou que a aposta polo voluntariado e pola atención ás emerxencias do Goberno galego se complementa coa atención á seguridade, xa que tamén se dotou ás Policías Locais de Galicia con material, como os 28 coches e as 15 motocicletas que se entregaron nos pasados días aos axentes de varios concellos da Coruña e Lugo.

3 de febreiro de 2016 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.