publicidade hoxe

A Xunta adxudica unha vivenda en Chantada á familia cuxo fogar se viu afectado por un incendio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLocal Portada
A-
A+

A Xunta vén de adxudicar unha vivenda en Chantada á familia deste municipio lucense cuxo fogar se viu afectado por un incendio recentemente. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe a adxudicación directa deste inmoble.

O Goberno galego, a través da Comisión Provincial de Vivenda de Lugo, proporciona unha vivenda protexida de promoción pública na localidade chantadina, en réxime de arrendamento.

A Xunta avanza deste xeito no cumprimento do Plan rehaVita, que reforza as medidas destinadas a garantir un fogar as familias máis desfavorecidas. Así, estas solucións non só se dirixen a aquelas persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda, senón que tamén se ofrece colaboración a outros problemas de índole social.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que está a dar resposta a todas as familias que solicitan axuda. Neste sentido, no último ano multiplicáronse os esforzos para achegar solucións ás persoas en situación de risco, mediante novos programas de axuda como o Bono de Alugueiro social ou os convenios con entidades financeiras, entre elas a maior de Galicia, que se comprometeron a non executar desaloxos, e cederon 240 vivendas baleiras que a Xunta está a destinar a familias necesitadas.

22 de febreiro de 2016 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.