publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Mancomunidade suma en conxunto uns 1.000 doantes de órganos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCercedaFradesLocal PortadaMesíaOrdesOrosoTordoia
A-
A+

A Mancomunidade de Ordes conta entre a súa poboación con 976 persoas titulares da tarxeta de doantes de órganos. Así o reflicten as cifras achegadas polo Sergas cuxos cálculos inclúen os datos rexistrados dende o ano 1995.

Por concellos os máis numerosos en número de doantes son: Ordes (387),  Oroso (222), Cerceda (115), Tordoia (86), Trazo (76), Frades (58) e Mesía (32). Facendo a análise por anos advírtese que a tendencia vai á alza en todos os municipios, froito das campañas de sensibilización emprendidas entre a poboación por distintos organismos e colectivos de índole sanitaria e social. Así no pasado 2015  o concello de Ordes, o máis numeroso dos sete que conforman a Mancomunidade, rexistrou 12 novos doantes, seguido de Oroso con 11, Trazo con 5, Cerceda con 4, Frades con 2 e Tordoia con 1, mentres que en Mesía non se fixo ningunha alta deste tipo dende o pasado 2013.

Ao respecto cabe lembrar os datos feitos públicos polo Servizo Galego de Saúde recentemente nos que se indica que en Galicia 100.495 persoas teñen a tarxeta de doador. Destas, 3.061 son novas tarxetas realizadas en 2015 na Oficina de Coordinación de Transplantes. Ao longo de 2015 na comunidade autónoma  leváronse a cabo un total de 338 transplantes, dos cales 168 foron de ril, 94 de fígado, 4 de páncreas, 25 de corazón e 47 de pulmón. Así e todo hai que falar de preto de 40 doantes por millón de poboación, incrementándose a doazón de órganos nun 20% en 2015 con respecto a 2014, datos que se traducen nunha diminución de receptores nas listas de espera dun 24,3%, ata as 321 persoas.

4 de febreiro de 2016 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.