publicidade hoxe

A escola infantil da Deputación de Pontevedra organiza o VII Concurso de caretas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A escola infantil da Deputación de Pontevedra organiza este ano por sétima vez un concurso de caretas no que participan todos os pequenos e pequenas do centro e as súas familias. Haberá premios segundo os grupos de idade, que serán entregados o vindeiro xoves día 11. O xurado estará formado polos cinco directores dos centros de Príncipe Felipe.

No día de hoxe, ademais, o alumnado e profesorado comezou as celebracións do Entroido disfrazándose cada aula dun personaxe diferente da serie Barrio Sésamo. Os disfraces confeccionáronse na propia escola infantil, aos que se engadiron algúns complementos enviados polas familias. Os pequenos, vestidos como Epi, Blas, Triqui, Elmo, Galiña Turuleca e Óscar o gruñón (ou monstro do lixo) pasárono estupendamente nunha festa na que ademais de música houbo filloas e orellas para merendar.

O martes próximo seguirá a festa, pero neste caso, a temática da vestimenta será libre. O venres tocará a quenda para chorar o pasamento do Ravachol particular da escola que, ano tras ano, visita aos pequenos e pequenas de dous e tres anos (que o curso seguinte xa marcha para os centros de Ensino Infantil de segundo ciclo) para levarlles os biberóns, chupetes e cueiros.

5 de febreiro de 2016 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.