publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación pon en marcha unha escola deportiva de minibasket en Mondariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondarizPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra está a poñer en funcionamento, desde esta semana, unha nova escola deportiva no concello de Mondariz. Nesta vila, que non contaba con escolas deportivas ata este curso, estanse a impartir clases de balonmán e fútbol, ás que se suma, desde o 23 de febreiro, a escola deportiva de minibasket.

O colexio público de Mondariz acollerá os martes, entre as 16:00 e 17:00 horas, as clases de minibasket da Deputación de Pontevedra, impartidas polo monitor Daniel Domínguez Portas. Esta actividade, impulsada pola institución provincial, conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, que xa enviou ao concello 12 balóns para dar inicio á escola.

A Deputación de Pontevedra mantén unha firme aposta co deporte de base na provincia. Por ese motivo organiza e financia escolas deportivas provinciais que permiten que nenas e nenos, con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos, poidan desenvolver actividades coma fútbol, balonmán, baloncesto, judo, patinaxe, piragüismo, rugby, atletismo e taekwondo de maneira gratuíta.

As escolas deportivas da Deputación de Pontevedra contan coa organización técnica das federacións galegas de fútbol, balonmán, baloncesto, patinaxe, judo, atletismo, taekwondo e piragüismo.

24 de febreiro de 2016 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.