publicidade hoxe

A Deputación da Coruña contribúe ao desenvolvemento turístico da Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMalpica de Bergantiños
A-
A+
Sinatura do convenio entre Deputación e Concello de Malpica

Sinatura do convenio entre Deputación e Concello de Malpica

A través dun convenio asinado polo deputado de Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, Xosé Regueira e o alcalde de Malpica de Bergantiños en calidade de representación da Costa da Morte Asociación Turística C.M.A.T. Eduardo J. Parga Veiga, a Deputación da Coruña participa no desenvolvemento turístico da Costa da Morte cunha achega de 64.000 €.

O proxecto que promoven a Deputación provincial da Coruña e a Costa da Morte Asociación Turística C.M.A.T. parte da consideración do interese público, económico e social dar continuidade á consolidación do destino Costa da Morte e fortalecer o ente de xestión público-privada que permita desenvolvemento turístico coordinado. O convenio supón unha aposta firme polo sector turístico que contribuirá ao aumento do emprego, ao crecemento económico do sector así como o desenvolvemento doutros sectores económicos do territorio que se benefician directa ou indirectamente do turismo na zona.

Por medio do convenio, a Costa da Morta Asociación Turística C.M.A.T. levará a cabo actividades programadas no ámbito da Comunicación audiovisual, a Promoción, ou a información dixital e aplicacións do ámbito turístico.

O proxecto ascende a 120.000 € dos que a Deputación da Coruña achega 64.000., un total de 53,33 %. A Costa da Morte é un dos seis destinos de especial interese que marcan a nova estratexia promocional da Deputación na que se está a traballar da man dos propios concellos, coa creación dun foro para a promoción do turismo de calidade. Da man da área de Turismo da Deputación, a Costa da Morte foi tamén protagonista na recente edición de Fitur.

29 de febreiro de 2016 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.