publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería do Mar anuncia para este ano a dragaxe do porto de Foz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFoz
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ampliará a dragaxe do porto de Foz este ano. Así o adiantou o presidente do ente público, José Juan Durán, esta mañá en resposta a unha pregunta oral na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia.

O presidente de Portos explicou que a dragaxe prevista para o porto de Foz, “non contemplaba nun primeiro momento estes traballos na bocana, agora incluímos todo ese volume de dragaxe o que significa que se ampliou case nun 40%”. Así, trasladou que actuación principal será a retirada de 14.000 metros cúbicos de material da dársena pesqueira e 6.000 da bocana de entrada á mesma.

Neste sentido, manifestou que “o proxecto construtivo está rematado, agora estamos nunha fase da tramitación na que podemos contratar a obra que nos definirá o custo desta actuación”. En canto á consignación inicial de 170.000 euros, o presidente do ente público sinalou que “esa cantidade foi unha valoración realizada cando aínda non había proxecto redactado”.

A dragaxe do porto de Foz é unha vella demanda e aspiración do sector. Diante disto, José Juan Durán sinalou que “estamos a facer todo o posible, traballando e esforzándonos para que estas aspiracións lexítimas se cumpran canto antes”.

3 de febreiro de 2016 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.