publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Ordenación do Territorio recibe o PXOM de Mañón para a súa aprobación definitiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMañón
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Mañón. Foto: X. Crespo

Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Mañón. Foto: X. Crespo

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu esta mañá de mans do alcalde de Mañón, Alfonso Emilio Balseiro Gómez, o que suporá o primeiro plan xeral de ordenación municipal deste concello coruñés, situado na comarca de Ortegal. O alcalde entregou o proxecto de planeamento para acadar a súa aprobación definitiva.

Cómpre lembrar que o documento que se está a ultimar obtivo a aprobación provisional o pasado 19 de agosto, sendo achegado polo concello á Xunta para aprobación definitiva a principios de setembro. Un mes despois foi requirido pola Xunta tras comprobarse que a integridade documental do PXOM, composta polo expediente administrativo e o proxecto, estaba incompleta.
Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que agora a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para analizar o PXOM. A aprobación deste documento de planeamento porá fin a vixencias das polas normas subsidiarias provincias aprobadas en xuño de 1978.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico a este proxecto de urbanismo para o que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio concedeu axudas por importe de 112.000 euros.

2 de febreiro de 2016 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.