publicidade hoxe

A Consellería de Ordenación do Territorio analiza o PXOM dp concello de Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas recibiu a unha delegación do concello de Ponteareas, formada polo alcalde, Xosé Represas, a concelleira de urbanismo, María Jesús Garrote, para analizar o estado de tramitación do PXOM e da axuda concedida pola Xunta para a súa redacción.

O encontro de traballo serviu para constatar o acordo municipal da pasada semana no que o Pleno aprobou provisionalmente o PXOM, e trasladar os vindeiros pasos a dar por parte da administración municipal. Neste senso a secretaria xeral informou que a redacción do PXOM, iniciada a finais de 2008, non ten ningún informe pendente por parte da Xunta e que agora é o concello quen de seguido debe preparar o documento e remitilo á Xunta para a súa aprobación definitiva.
Respecto a axuda concedida de 210.837 € para redactar o PXOM, comunicou que a Administración Autonómica cumpriu co abono das fases xustificadas, prevíndose o pago das dúas últimas: un total de 84.334 €, correspondentes coa aprobación provisional e definitiva, para esta anualidade 2016.

O alcalde manifestou que a recompilación da integridade do documento, por parte dos técnicos municipais, será executada nas vindeiras semanas co fin de presentar o documento para aprobación definitiva o mais axiña posible.

Vindeiros pasos

Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que cando reciba o PXOM, a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo e do proxecto presentado. Tamén lle indicou que a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para estudar o PXOM, período que empeza a contar unha vez que este completo.

Cómpre destacar que o PXOM, que foi aprobado provisionalmente o pasado 2 de febreiro, porá fin ao Decreto 2007/2002 do 20 de Xuño (Diario Oficial de Galicia do 21/06/2002) polo que se suspendeu a vixencia das Normas Subsidiarias de Planeamento de Ponteareas, aprobadas o 11/05/1995, e se aprobou unha Ordenación Urbanística Provisional ata entrada en vigor dun novo PXOM.

8 de febreiro de 2016 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.