publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A acusación popular non ve motivo real para revogar a sentenza polo crime de Asunta

Europa Press
O avogado da acusción popular ante os medios

O avogado da acusción popular ante os medios

O avogado da Asociación Clara Campoamor, Ricardo Pérez Lama, que exerceu a acusación popular no xuízo pola morte de Asunta Basterra, manifestou que non ve “motivo real” para revogar a sentenza ditada pola sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña que condenou aos pais da menor, Rosario Porto e Alfonso Basterra, a 18 anos de prisión por asasinato coa agravante de parentesco.

Á súa chegada ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), onde terá lugar a vista de apelación, en compañía da tamén avogada desta asociación Rocío Beceiro, Pérez Lama indicou que vén coa intención de “escoitar” os argumentos dos avogados das defensas.

Non obstante, cualificou de “acertada” a sentenza da sección sexta. “Ningunha circunstancia que alegan é atendible. Ambos os dous son culpables”, dixo en relación ao fallo apelado.

Antes que os avogados, -agás a letrada de Alfonso Basterra, Belén Hospido, que foi a primeira en chegar, pasadas as 9,30 horas-, entraron en alto tribunal galego os dous condenados pola morte da súa filla.

CHEGADA DE PORTO E BASTERRA

Porto e Basterra chegaron pola parte posterior da entrada principal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre as 09.45 horas en coches policiais. Ela entrou primeiro, vestida de negro, e el fíxoo a continuación.

Uns minutos antes da hora fixada para a vista, ás 10,00 horas, chegou tamén o letrado de Rosario Porto, José Luis Gutiérrez Aranguren, que evitou facer declaracións aos medios alegando que tiña présa por acceder á sala. Unicamente dixo, ao ser preguntado polas expectativas coas que viña, que “todas”.

FALLO

De conformidade co veredicto de culpabilidade emitido polo xurado popular o pasado 12 de novembro, a sentenza considerou probado que os acusados, de común acordo, subministraron repetidamente á súa filla, dende polo menos tres meses antes do seu falecemento, un medicamento que contiña lorazepam.

O mesmo fármaco, de acordo coas conclusións do Tribunal, lle deron o día do seu falecemento antes de asfixiala na vivenda familiar que posuían na localidade de Teo, algo que anulou a súa capacidade de defenderse. Ambos os dous foron condenados a 18 anos de prisión e as súas defensas recorreron o fallo.

23 de febreiro de 2016 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.