publicidade hoxe

Xove quenta motores para o Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Estas actividades van comezar o venres, 5 de febreiro, co FESTIVAL DE ENTROIDO da  Escola Infantil de Xove.

Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado, 6 de febreiro. O Programa para este día é o seguinte:

-16:00 horas.- Pasarrúas por Xove a cargo de “BLOQUINHO DE XERMOLOS” de Guitiriz.

-17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Do Desfile, premios  e da forma de inscribirse no mesmo, falamos nun apartado a continuación.

-18:30 a 20:30 horas.- BAILE INFANTIL DE DISFRACES coa DISCOTECA MÓVIL DECIBELIOS no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile  faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas,  e tamén aos gañadores do Concurso de Caretas de Entroido da Biblioteca Municipal.

-22:30 horas en diante.- BAILE DE DISFRACES coa GRUPO “FÉNIX” e a DISCOTECA MÓBIL DECIBELIOS no Pavillón Municipal de Deportes.  Nun intermedio deste Baile faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.

A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.

XA ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE “ANTROIDO 2016” EN XOVE

O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:

-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 5 DE FEBREIRO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.

-O mesmo día do desfile (6 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que  tódolos/as  participantes a nivel individual, como parella,  grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile  (antes do 6 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

Para rematar, a Concellería de Xuventude, xunto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove,  programaron o Obradoiro “ENTROIDO E GLOBOFLEXIA”, que se vai a desenvolver nos locais da OMIX o luns, 8 de febreiro, en horario de 16:00 a 18:00 h. Este obradoiro vai dirixido a mozos e mozas de 10 a 12 anos; a inscrición para este obradoiro pode formalizarse na OMIX ata o 4 de febreiro.

20 de xaneiro de 2016 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.